LA BANDERA NEGRA
Amando de Ossorio, 1956.
LA BANDERA NEGRA (España, 1956) Dirección e guión: Amando de Ossorio, sobre a obra teatral Bandera negra de Horacio Ruiz de la Fuente. Fotografía: Miguel F. Mila. Produción: P.C. Atlas. Intérpretes: José María Seoane. Duración: 73 minutos. Son as doce da noite e Valentín Mosquera, un avellentado e embriagado profesor de latín, é expulsado do último bar. Cinco horas despois está previsto que seu fillo sexa axustizado. Sen axuda económica, multada por rodaxe ilegal, sen estrea comercial, cun único actor, un dos filmes máis insólitos da historia do cinema español, presidido en plena ditadura polo rótulo inicial: «la acción transcurre en cualquier país donde exista la pena de muerte».
_ _ _
Nota á programación en CINE RESTAURADO (maio de 2002):
O mércores 29 de maio preséntase a recuperación de La bandera negra (1956), opera prima do director coruñés Amando de Ossorio (1918-2001) e un dos títulos máis misteriosos e malditos da historia do cine español. Non estreada no seu día polos seus múltiples problemas administrativos e de censura, a película a penas tivo difusión pública algunha desde entón, feito este que se pode atribuír en boa medida á precariedade dos materiais conservados. Desde Filmoteca Española tan só se puideron recuperar un positivo completo e un negativo ó que lle faltaba o sétimo rolo. A partires da copia positiva realizouse un contratipo que permitiu reconstruír na súa integridade o negativo. A copia que agora se pode ver está tirada deste negativo recuperado gracias á colaboración entre Filmoteca Española e o Centro Galego de Artes da Imaxe. Como complemento desta presentación proxéctase tamén o documental biográfico Amando de Ossorio, de Xosé Zapata.
-
-
Cine restaurado
LA BANDERA NEGRA
Amando de Ossorio
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Entrada gratuíta.