LA BALADA DE CABLE HOGUE
Sam Peckinpah, 1970
121´. Subtítulos en castelán.
THE BALLAD OF CABLE HOGUE / LA BALADA DE CABLE HOGUE
(Estados Unidos, 1970)
Dirección: Sam Peckinpah. Guión: John Crawford, Edmund Penney e Sam Peckinpah. Fotografía: Lucien Ballard. Produción: Warner Brothers. Intérpretes: Jason Robards, Stella Stevens, David Warner, Strother Martin. Duración: 121 minutos.
Traizoado e deixado á súa sorte por dous camaradas, Cable Hogue sobrevive e atopa milagrosamente auga en pleno deserto, un lugar no que establecerá unha estación de dilixencias. Obsesionado pola vinganza, amigo dun orixinal predicador e profundamente namorado dunha prostituta, Hildy, Cable ve chegar o progreso sen simpatía ningunha. Western intimista, crepuscular, intelixente e de aspecto amable, que encerra unha fermosa historia de amor e un conmovedor discurso sobre o paso do tempo e a evolución da Historia.