
KUXA KANEMA
Margarita Cardoso, 2003
52´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
KUXA KANEMA
(Portugal, 2003)
Dirección e guión: Margarita Cardoso. Produción: RTP (Portugal), ARTE (Francia) e RTBF (Bélxica). Fotografía: Lisa Hagstrand. Duración: 52 minutos.
A primeira acción cultural do goberno de Mozambique logo da súa independencia en 1975 foi a creación do Instituto Nacional de Cine (INC). O presidente Samora Machel era consciente do poder da imaxe e das súas estratexias de construción. As unidades de Cine-Móbil proxectaron por todo o país a produción máis popular do INC, o diario cinematográfico coñecido como “Kuxa Kanema”, que significa “o nacemento do cine”. O obxectivo dos diarios era “filmar a imaxe do pobo e devolverlla ao pobo”.