
KLIMT
Raúl Ruiz, 2006.
94´. Subtítulos en castelán.
KLIMT
(Austria-Francia-Alemaña-Reino Unido, 2006)
Dirección e guión: Raúl Ruiz. Fotografía: Ricardo Aronovich. Produción: Paulo Branco. Intérpretes: John Malkovich, Saffren Burrows, Veronica Ferres. Duración: 94 minutos.
Desde o seu leito de morte, acompañamos ao pintor Gustav Klimt pola súa traxectoria, desde as visións febrís ata o pavillón austríaco da Exposición Internacional de París de 1900, cos seus encontros co mago do cine Méliès, a misteriosa bailarina francesa Lea de Castro e o «Secretario de Estado», opresiva figura paterna que segue ao artista como sombra ou pesadelo. Lonxe da película biográfica ao uso, os cadros cheos de paixón e sensualidade fascinante atopan paralelismo nos modos narrativos de Raúl Ruiz, barroco, inventivo, lúdico e exuberante creador de orixe chilena. “Klimt” enlaza coa excelente miscelánea “El tiempo reencontrado” (1999), monumental aproximación de Ruiz a Marcel Proust.