Killer Joe
William Friedkin, 2011.
101'. Vídeo. Entrada de balde.
KILLER JOE
(Estados Unidos, 2011)
Dirección: William Friedkin. Guión: Tracy Letts, sobre a súa obra. Produción: Voltage Pictures, Picture Perfect, Worldview Entertainment e ANA Media. Fotografía: Caleb Deschanel. Intérpretes: Matthew McConaughey, Emile Hirsch. Duración: 101 minutos.
Relato de acción e suspense, un thriller negrísimo que conta unha vulneración ou retrato á inversa do soño americano. As débedas dunha familia texana lévaa a encargar o asasinato da súa mesquiña nai. Contratan un asasino a soldo, o Killer Joe do título, mais este pide unha garantía de pagamento, que ben pode ser a inocente irmá de quen fixo a encarga. Inspirada nunha obra gañadora do Premio Pulitzer escrita por Tracy Letts, tamén guionista, diríxea a estrela do Novo Hollywood, William Friedkin (nado en 1937, en activo), autor de pezas históricas, relatos sabios e avoltos, como Contra el imperio de la droga / The French Connection (1971), El exorcista (1973) ou A la caza (1980). Friedkin, experto no desasosego e as complexidades da alma, o lado escuro do home, crea unha trama inquietante que alcanza un final inesquecible. Atención a Matthew McConaughey, actor en alza.