JUVENTUDE EM MARCHA
Pedro Costa, 2006.
164´. Subtítulos en galego.
JUVENTUDE EM MARCHA
(Portugal-Suíza-Francia, 2006)
Dirección e guión: Pedro Costa. Produción: RTP, Contracosta Produçoes (Portugal), Les Films de L´Étranger, Unlimited, ARTE (Francia), RTSI, Ventura Film (Suíza). Fotografía: Pedro Costa e Leonardo Simôes. Intérpretes: Ventura, Vanda Duarte, Beatriz Duarte, Gustavo Sumpta, Cila Cardoso. Duración: 164 minutos.
Un radical en estado puro, Pedro Costa, presenta a vida de Ventura, un caboverdiano que perde a súa vivenda no barrio de Fontinhas en Lisboa —lugar de dúas películas anteriores de Costa, “Ossos” e “No quarto da Vanda”— e vese desprazado, forzado a iniciar unha nova vida nun piso periférico. Masacrada pola crítica convencional, que abandonaba as salas, foi considerada a mellor película de Cannes 2006 para “Cahiers du cinéma”, “CinemaScope”, “Letras de cine”, “El amante”, etc.