JUSTINO, UN ASESINO DE LA TERCERA EDAD
La Cuadrilla, 1994.
94´.
JUSTINO, UN ASESINO DE LA TERCERA EDAD
(España, 1994)
Dirección e guión: La Cuadrilla (Luis Guridi e Santiago Aguilar). Produtor: José María Lara Fernández. Produción: José María Lara P.C. Fotografía: Flavio Martínez Labiano. Intérpretes: Saturnino García, Carlos Lucas, Carmen Segarra, Francisco Maestre. Duración: 94 minutos.
Revelación dun par de realizadores que deixarían a súa pegada nun par de filmes máis (“Matías, juez de línea”, “Atilano, presidente”) completando unha triloxía ben enraizada nas tradicións creativas nacionais e algúns referentes, ambientes e motivos temáticos comúns, fusionando esperpento, humor e crónica negra. Recibida con entusiasmo, supuxo tamén a revelación dos seus veteranos intérpretes protagonistas.