![JUNTOS HASTA LA MUERTE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/image-w1280_1_7.jpg?itok=NBgR7s5B)
JUNTOS HASTA LA MUERTE
Raoul Walsh, 1949
94´. Subtítulos en castelán.
COLORADO TERRITORY / JUNTOS HASTA LA MUERTE (Estados Unidos, 1949) Dirección: Raoul Walsh. Guión: John Twist e Edmund H. North. Produción: Warner Bros. Fotografía: Sid Hickox Intérpretes: Joel McCrea, Virginia Mayo, Dorothy Malone. Duración: 94 minutos. Canso e desexoso de iniciar unha nova vida, Wes MacQueen acepta un último traballo, convencido polo xefe da súa antiga banda. O roubo non sae como estaba previsto e desde ese momento a súa vida consistirá en escapar e escapar, coa única compañía da moza “Colorado” Carson. Nova versión d’“El último refugio” (1941), adaptada aos tempos da fronteira, que, chea de vigor e sinxeleza, volve a un relato de amor, morte e fuxida.