JOHN GARFIELD
Mark Rappaport, 2003
9´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
JOHN GARFIELD
(Estados Unidos, 2003)
Dirección, guión, fotografía e produción: Mark Rappaport. Duración: 9 minutos.
Síntese da vida de John Garfield, o tan atractivo como rebelde actor estadounidense, por medio de fragmentos das súas películas. Xudeu e esquerdista perseguido na caza de bruxas, influente en actores posteriores, a súa ideoloxía marcará a súa traxectoria.