Jet Lag
Eloy Domínguez, 2014
55'. Vídeo HD. Presentación de Eloy Domínguez. Entrada de balde.
JET LAG
(España, 2014)
Dirección e guión: Eloy Domínguez. Produción: Beli Martínez. Duración: 55 minutos.
Jet lag vital. Pódese dicir que isto é o que arrastran quenes traballan de noite. Jet Lag sitúanos na xornada de traballo nocturna dunha gasolineira, donde a realidade termina por romper a premisa do film (captar un tempo silencioso e morto no medio de estrada) probándoo incesantemente. Reto que Eloy Domínguez Serén, a quen o ano pasado se lle dedicara un lugar especial na nosa sección Sinais, acepta e afronta con imaxinación e agudeza nunha noite na que non paran de ocorrer cousas, e na que cabe, entre o humor, a beleza serena e toda clase de visitas, ata o inicio dunha trama policial.