JAPÓN
Carlos Reygadas, 2002
130´.
JAPÓN
(México-Alemaña-Holanda-España, 2002)
Dirección e guión: Carlos Reygadas. Produción: NoDream Cinema e Mantarraya Producciones. Fotografía: Diego Martínez Vignatti. Intérpretes: Alejandro Ferreti, Magdalena Flores. Duración: 130 minutos.
Un home viaxa por un México inhóspito. Coxeando, case unha sombra, a súa única resposta é que vai alí para morrer. Viaxe cara a un suicidio que parece imitar aos guerreiros xaponeses sen amo ao que servir, os ronin, verase alterada por encontros ocasionais. O máis importante deles será con Ascensión, unha muller que ten toda a idade e sabedoría do mundo, moi capaz de sementar a dúbida no seu desexo compulsivo de morrer. Mención do Xurado para a Cámara de Ouro en Cannes, mostra da ruptura de tabús e excelente traballo con non-actores.