
JAMES Y EL MELOCOTÓN GIGANTE
Henry Selick, 1996.
81´. Vídeo. Versión castelá. Entrada gratuíta.
JAMES Y EL MELOCOTÓN GIGANTE / JAMES AND THE GIANT PEACH
(Estados Unidos, 1996)
Dirección: Henry Selick. Guión: Karey Kirkpatrick, Jonathan Rpberts e Steve Bloom, sobre o relato de Roald Dahl. Fotografía: Pete Kozachik, Hiro Narita e Eric Swenson. Produción: Allied Filmmakers, Skellington Productions Inc. e Walt Disney Pictures. Duración: 81 minutos.
Logo da desaparición de seus pais, James vese obrigado a vivir coas súas dúas malvadas tías, Spiker e Sponge, que o fan traballar duramente sen descanso. Unha tarde un home misterioso regálalle unha bolsa chea de linguas de crocodilo que James deixa caer ao chan por accidente ao pé dun vello melocotoeiro. Rapidamente, un melocotón comeza a crecer de forma sorprendente. Ao introducirse nel, James descobre un mundo máxico cheo de criaturas asombrosas. Sobre o melocotón, arrastrado por gaivotas, James e os seus novos amigos inician unha apaixonante viaxe polo Océano Atlántico. Segunda colaboración de Henry Selick e Tim Burton tras Pesadilla antes de navidad onde adaptan a obra homónima de Roald Dahl utilizando a técnica de animación Stop-motion e imaxe real. O valor da amizade e dos soños realzados por un relato cheo de acción e fantasía.