Ironage
Thomas Heise, 1991
89’. Vídeo. Subt. Castelán.
EISENZEIT / IRONAGE
(Alemaña, 1991)
Dirección e guión: Thomas Heise. Produción: DEFA-Studio für Dokumentarfilme GmbH, Berlín / Norddeutscher Rundfunk (NDR) e Hamburg. Fotografía: Sebastian Richter. Duración: 89 minutos.
Thomas Heise tivo que esperar a caída da Alemaña Oriental para poder realizar a súa primeira longametraxe documental. Coprodución coa DEFA nun momento en que non se sabía cal ía ser o futuro da antiga produtora estatal. O proxecto deste filme remóntase a 1981, época non tan propicia para os proxectos artísticos con vontade crítica. A expatriación do cantante Wolf Biermann en 1976 xerou unha sorte de cazaría de bruxas a intelectuais e artistas contestatarios. Heise quería retratar que fora dos fillos daqueles que construíran a primeira cidade «modelo» do socialismo, Eisenhüttenstadt. "Queremos pensarnos a nós mesmos, non queremos que ninguén nos pense» exclamaría un sobrevivente dese naufraxio. Música de Tilo Paulukat e Neil Young.