INVASIÓN EN BIRMANIA
Samuel Fuller, 1962
98´. Subtítulos en galego.
MERRILL´S MARAUDERS / INVASIÓN EN BIRMANIA
(Estados Unidos, 1962)
Dirección: Samuel Fuller. Guión: Samuel Fuller e Milton Sperling, sobre o libro de Charlton Ogburn, jr The Marauders. Produción: United States Pictures e Warner Bros. Pictures. Fotografía: William Clothier. Intérpretes: Jeff Chandler, Ty Hardin. Duración: 98 minutos.
Durante a II Guerra Mundial a brigada de infantaría 5307, composta por tres mil soldados norteamericanos, ten a misión de impedir o avance das tropas niponas en Birmania, que contan cun millón de soldados. Deben coller aos xaponeses por sorpresa, mais a xungla converterase no seu peor inimigo. Quinto relato bélico de Fuller onde con forza narrativa (e ata dez secuencias de combate despregadas) a crueza suplanta toda épica, establecendo con orixinalidade incluso inesperados elementos amorosos homosexuais na relación dos protagonistas e unha multiplicidade de pespectivas narrativas plasmadas visualmente.