Inicios
Stan Brakhage, (1958-1959)
81'. 16mm.
STAN BRAKHAGE
Sesión INICIOS: Anticipation of the Night (1958), Cat’s Cradle (1959), Sirius Remembered (1959), Wedlock House: An Intercourse (1959) e Window Water Baby Moving (1959). Duración: 81 minutos.
Stan Brakhage (1933-2003) é un dos cineastas experimentais máis influintes de todos os tempos, ao que o CGAI vai dedicar nos vindeiros meses un par de sesións en cada programación bimestral. Estes programas de carácter temático, a maioría de moi curta duración, teñen como finalidade achegar aos espectadores a un dos cineastas norteamericanos máis importantes, pero tamén, en virtude da súa dedicación a un cine non narrativo, máis descoñecidos, cuio prestixio, paradoxicamente, é quizáis meirande nos espazos das artes plásticas que nos do cine. Esta serie iniciase cun programa dedicado a algúns dos seus títulos máis coñecidos da súa primeira etapa, os anos cincuenta, Anticipation of the Night ou Window Water Baby Moving, entre eles (todos silentes).