I DON´T WANT TO SLEEP ALONE
Tsai Ming-Liang, 2006.
118´. Subtítulos en galego.
HEI YAN QUAN / I DON´T WANT TO SLEEP ALONE
(Taiwán-Francia-Austria, 2006)
Dirección e guión: Tsai Ming-Liang. Fotografía: Liao Pen-Jung. Produción: Homegreen Films, Soudain Compagnie, New Crowned Hope. Intérpretes: Lee Kang-Sheng, Chen Shiang-Chyi, Norman Atun. Duración: 118 minutos.
Hsiao-Kang, un mozo emigrante chinés en Kuala Lumpur (Malasia), recibe unha brutal malleira e é recollido por un grupo de traballadores, emigrantes de Bangladesh. Acollido na súa casa, dorme no enorme colchón que preside o chan e sente que esperta o amor dun dos anfitrións. O precario equilibrio entre eles vese roto cando Hsiao-Kang inicia á vez unha relación a dúas bandas cunha camareira e coa xefa desta. A auga como elemento capital, as alternancias narrativas e o espírito desenfreado de Tsai Ming-Liang únense a unha concepción do humor sutil e orixinal. Premio Especial do Xurado en Gijón.