HONOR DE CAVALLERIA
Albert Serra, 2006.
103´. Subtítulos en castelán.
HONOR DE CAVALLERIA
(España, 2006)
Dirección e guión: Albert Serra. Produtor: Albert Serra. Produción: Notro Films S.L., Eddie Saeta S.A., Anderground Films S.L. Fotografía: Christophe Farnarier, Eduard Grau. Intérpretes: Lluís Crabó, Lluís Serrat, Albert Pla, Xavier Gratacós. Duración: 103 minutos.
Participante na Quincena de Realizadores en Cannes, filmada en formato dixital e integramente en exteriores con actores non profesionais, é unha insólita e persoal aproximación ao mito de Don Quixote (definida polo seu creador como a primeira película sobre o Quixote feita por xente quixotesca) que partindo dos personaxes principais da obra e con dúas escenas entresacadas do libro, permite indagar nos dilemas da creación moderna, do relato baleiro aos distintos fluxos narrativos, a contemplación, o desprendemento, a captación de atmosferas cheas do cotián.