Home and away
VV.AA, (2011-2015)
63'. Super 8/ 16mm/ 35mm/ Vídeo. Entrada de balde
HOME AND AWAY: Encargos y films de artistas en residencia de la Liaison of Independent Filmmakers of Toronto (CARTA BLANCA A CHRIS KENNEDY)
Light Sleeper. John Porter, Canadá, 2012, Súper 8, 3 min.
Estuary. Tyler Hagan, Canadá, 2012, vídeo, 10 min.
The tide goes in, the tide goes out. Larissa Fan, Canadá, 2011, 16 mm, 6 min.
A Minimal Difference. Jean-Paul Kelly, Canadá, 2012, vídeo, 5 min.
45 7 Broadway. Tomonari Nishikawa, USA, 2013, 16 mm, 5 min.
Towards a Vanishing Point. Chris Kennedy, Canadá, 2011, 16 mm, 8 min.
Fugue. Kerstin Schroedinger, Alemania/ Canadá, 2015, 16 mm, 8 min.
East Meets West. Dirk de Bruyn, Australia/ Canadá, 2014, vídeo, 4.5 min.
The Sequent of Hanna Avenue. Sami van Ingen, Finlandia/ Canadá, 2006, 35 mm, 5 min.
Chevelle. Kevin Everson, USA/ Canadá, 2011, 16 mm, 8 min.
La Liaison of Independent Filmmakers of Toronto (LIFT) leva xa 35 anos apoiando o cine independente dentro e fóra de Toronto. Organiza 150 obradoiros ao ano e dá respaldo ás producións dos seus 500 membros, grupo heteroxéneo de creadores cuxa diversidade percorre unha ampla gama de soportes, experiencias e xéneros. Veterano adaíl do celuloide, o LIFT aproveitou a revolución dixital tanto para diversificar os seus equipos como para apoiar estratexicamente a cineastas que continúan explorando as posibilidades do cine analóxico. Este apoio esténdese a cineastas de todas as nacionalidades a través dun programa de residencias internacionais que leva a cabo desde hai 15 anos, e que segue en crecemento: só nos dous últimos anos, unha ducia de cineastas visitaronToronto grazas a esta iniciativa. Esta escolla de películas contén traballos experimentais de catro cineastas de Toronto (encargas co gallo da celebración do 30º aniversario do LIFT en 2011), dun participante da lonxeva ImagineNative Mentorship Program for Indigenous Filmmakers e de cinco artistas internacionais que participaron no programa de residencias. Chris Kennedy, director executivo do LIFT desde 2013, estará presentando este programa que tamén inclúe, a pedido da organización do (S8), o seu filme Towards a Vanishing Point, feito para o 30º aniversario do LIFT.