Història de la meva mort
Albert Serra, 2013.
148'. 35mm. Subt. castelán. Presentación a cargo do seu director. Entrada de balde.
HISTÒRIA DE LA MEVA MORT
(España-Francia, 2013)
Dirección e guión: Albert Serra. Produción: Andregraun Films, Capricci Films e TV3. Fotografía: Jimmy Gimferrer, Àngel Martín e Artur Tort. Intérpretes: Viçenc Altaió, Eliseu Huertas. Duración: 148 minutos.
A primeira película de nacionalidade española gañadora do Leopardo de Ouro no prestixioso Festival de Locarno, é esta pelexa entre racionalismo e romanticismo, encarnados por dúas figuras icónicas, emblemáticas: Casanova, nos seus últimos días, e Drácula. No ronsel do seu autor, na procura de mitos (antes Don Quixote ou os Reis Magos), é un filme único, creador de atmosferas, de coidada composición, filosófico e revelador, que supón a terceira visita de Albert Serra ao CGAI, logo de Honor de cavalleria e El cant dels ocells.