Todo pode esperar
César Morán, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Claudio Rodríguez Fer, Carolina Rubirosa, Quico Cadaval
- 87 min.
César Morán é un profesor de Lingua xubilado que hai 50 anos intentou facer carreira como cantautor. A vida non lle permitiu facelo. Non puido vivir da música, pero conseguiu algo máis importante: vivir sempre preto dela. Agora, con 70 anos, vai gravar o seu primeiro disco de cancións con músicas e letras propias.



