HARRY EL SUCIO
Don Siegel, 1971.
102´. Subtítulos en galego.
DIRTY HARRY/ HARRY EL SUCIO
(Estados Unidos, 1971)
Dirección: Don Siegel. Guión: Harry Julian Fink, R.M. Fink e Dean Riesner. Produción: Universal. Fotografía: Bruce Surtees. Intérpretes: Clint Eastwood, Harry Guardino, Andy Robinson, John Vernon, Reni Santoni. Duración: 102 minutos.
Policial mítico dos anos setenta que axudou ao recoñecemento de Don Siegel, converteu en estrela definitiva a Clint Eastwood —despois de que o seu papel de axente de policía o rexeitasen John Wayne e Frank Sinatra— e consentiu unha tácita e frutífera alianza entre cineasta e actor. A persecución dun implacable psicópata, Scorpio, por parte dun non menos desapiadado policía, Harry Callahan, vertebra o inicio dunha auténtica saga a través dunha narración fluída, intensa e atractiva, enmarcada nunha ambigüidade ou dualidade ideolóxica polémica no seu día.