Grey Gardens
David Maysles, Albert Maysles, Ellen Hovde e Muffie Meyer, 1975
94’. Vídeo. Subt. Castelán.
GREY GARDENS
(Estados Unidos, 1975)
Dirección: David Maysles, Albert Maysles, Ellen Hovde e Muffie Meyer. Produción: The Maysles Brothers, e Portrait Films, Inc. Fotografía: Albert e David Maysles. Duración: 94 minutos.
A historia incrible pero certa de Edith Bouvier Beale e a súa filla Edie, tía e curmá de Jacqueline Kennedy Onassis. Nai e filla construíron un mundo propio dentro dos muros da súa ruinosa mansión de East Hampton, chamada Grey Gardens. A señora Beale, aristócrata de nacemento, é irmá de Black Jack, o pai de Jacqueline. Little Edie, aspirante a actriz de embriagadora beleza, deixou de lado a súa vida en Nova York para coidar da súa nai e nunca máis se afastaría do seu lado. Xuntas descenderan a unha estraña vida de dependencia e excentricidades da que ninguén fora testemuña ata que chegaron os irmáns Maysles, coa súa cámara de 16mm e equipo de son. Grey Gardens é unha historia de amor agridoce, que mostra a complexa e poderosa relación entre unha nai e unha filla.