THE GOD OF DAY HAD GONE DOWN UPON HIM + PANELS FOR THE WALLS OF HEAVEN
Stan Brakhage, 2000 / 2002
85'. 16 mm.
THE GOD OF DAY HAD GONE DOWN UPON HIM + PANELS FOR THE WALLS OF HEAVEN
(Estados Unidos, 2000 + 2002)
Dirección, fotografía e produción: Stan Brakhage. Duración: 85 minutos.
Proxectamos o conxunto de obras de Stan Brakhage coñecido como Vancouver Islands Quartet, realizado ao longo da última década da súa vida. A proxección das catro películas do ciclo Vancouver Islands de Stan Brakhage parte dunha suxestión da revista Lumière, algún de cuxos colaboradores presentará as dúas sesións en que se repartiron estes títulos rodados ou culminados entre 1991 e 2002, pouco antes da morte do director. Na serie cada segmento mantén os seus propios elementos.