GERRY
Gus Van Sant, 2002
103´. Subtítulos en castelán.
GERRY
Gus Van Sant, 2002. Con Casey Aflleck, Matt Damon. 103´.
Dous amigos inician unha viaxe na procura do descoñecido. Segundo o
crítico José Manuel López, “Gerry pertence a unha corrente dentro do cine
contemporáneo que, como o vello western ou as películas bélicas, envorca as
súas historias e personaxes en contornos espidos ou exuberantes, concretos
ou inabarcables, naturais ou urbanos… pero sempre inhóspitos. Fronte a ese
contorno, os personaxes encaran un proceso que, a pesar da súa atemporalidade,
se pode entender como consubstancial á modernidade: a busca da
identidade” . En declaracións do propio Gus Van Sant, “en parte queriamos
que o público se sentise perdido ao longo da metraxe con eses dous tipos.
Non obstante, tamén en parte se trataba de levalos a un sitio distinto, onde
esencialmente estivesen ‘perdidos’ desde unha perspectiva estilística: tratábase
de telos afastados do estilo de cine norteamericano moderno”.