Géographie humaine
Claire Simon, 2013
105´. Vídeo HD. Subt. castelán.
GÉOGRAPHIE HUMAINE
(Francia, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Claire Simon. Produción: Film Factory e Les Films d’Ici. Duración: 105 minutos.
Innumerables persoas cruzan a Gare du Nord cada día, procedentes de París e os seus suburbios, do resto de Francia ou do estranxeiro. O filme, do mesmo xeito que a estación, é o lugar para encontros fugaces, nos que cada persoa relata a súa vida nunhas poucas palabras antes de tomar o seu tren e desaparecer para sempre. A multitude de viaxeiros cobra vida a través de historias cruzadas, mentres a globalización forxa destinos suxeitos á xeografía e á economía. Banda sonora de Miles Davis.