GENTLEMAN JIM
Raoul Walsh, 1942
104´. Subtítulos en castelán.
GENTLEMAN JIM
(Estados Unidos, 1942)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: Vincent Lawrence e Horace McCoy, sobre a autobiografía de James J. Corbett. Produción: Warner Bros. Fotografía: Sid Hickox. Intérpretes: Errol Flynn, Alexis Smith, Alan Hale, Jack Carson. Duración: 104 minutos.
A historia dun campión de boxeo, James Corbett, ao que Walsh coñecera na súa infancia, e que ganou por méritos propios o título de cabaleiro no sentido máis amplo e nobre. Sorprendentemente áxil biopic deportivo que se transcende invocando unha historia das orixes de América e a súa mobilidade social.