Gente en sitios
Juan Cavestany, 2013.
83'. DCP.
GENTE EN SITIOS
(España, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Juan Cavestany. Produción: Apaches Entertainment. Intérpretes: Maribel Verdú, Alberto San Juan. Duración: 83 minutos.
Unha sucesión de relatos de produción tan modesta –sen orzamento– como exemplar na súa execución cámara en man. Un espectacular elenco (Antonio de la Torre, Eulalia Ramón, Santiago Segura, Martiño Rivas, Irene Escolar, Carlos Areces, Adriana Ugarte, Julián Villagrán, Clara Sanchís ou Eduard Fernández) preside un potentísimo fresco social, construído sobre unha estrutura episódica, que alterna situacións, secuencias e tons, coa comedia do absurdo e a poesía do cotián como elementos distintivos e denominadores comúns. Unha das sorpresas do ano en España, logo da súa pasaxe por prestixiosos festivais.