GAYARRE
Domingo Viladomat, 1958.
108´. Vídeo. Entrada gratuíta.
GAYARRE
(España, 1958)
Dirección: Domingo Viladomat. Guión: Ignacio Aldecoa, José Luis Madrid e Enrique Fernández Sintes. Produción: Sintesis Films S.L. Fotografía: Alejandro Ulloa. Intérpretes: Alfredo Kraus, Luz Márquez, Adriano Domínguez, Pastor Serrador. Duración: 108 minutos.
Aproximación á vida do gran tenor español Julián Gayarre (1844-1890), nado en El Roncal (Navarra) e dotado dunhas excepcionais condicións para o canto. Partindo das complicacións para abrirse paso nos seus inicios, dificultadas pola súa orixe humilde, que o levan a exercer diversos oficios (pastor por raíces familiares, dependente, ferreiro), a súa combatividade por conseguir axuda para educar a voz, finalmente, lévao a unha carreira de éxitos, aclamado en todo o mundo ata a súa tráxica e prematura morte. Relato biográfico e musical que se desvía da produción cinematográfica maioritaria da súa época brindándolle a Alfredo Kraus unha das súas escasas oportunidades fílmicas. A película, con 15 temas a cargo de Kraus, integra con lucidez tradicións populares da arte lírica e obras máis sofisticadas.