
GANITO KAMI NOON
Eddie Romero, 1976
125´. Subtítulos en galego.
GANITO KAMI NOON, PAANO KAYO NGAYON? / WE WERE LIKE THIS YESTERDAY, HOW IS IT TODAY?
(Filipinas, 1976)
Dirección: Eddie Romero. Guión: Eddie Romero e Roy C. Iglesias. Produción: Dennis Juban para Hemisphere. Fotografía: Justo Paulino. Intérpretes: Christopher de Leon, Gloria Díaz. Duración: 125 minutos.
A finais do século XIX, un mozo filipino desexa viaxar e vivir en sitios novos. Os seus plans fracasan cando se ve envolto en medio dun grupo de personaxes marxinais, entre eles un cura que é pai e debe atopar ao seu fillo. Tanto o mozo como o cura van gañando poder e seguidores a medida que crece a revolta contra os españois. Unha atractiva muller complica a trama. O mozo terá que decidir que dirección quere tomar realmente: líder revolucionario ou vagabundo solitario.