![Off Galicia: Sonia Méndez Off Galicia: Sonia Méndez](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_2410.jpeg?itok=CSuTaotL)
Off Galicia: Sonia Méndez
(2007-2011)
72‘. Vídeo. Presentación coa asistencia da súa autora. Entrada gratuíta.
PERVERSA LOLA
(España, 2008)
Dirección e guión: Sonia Méndez. Produción: Insenor. Fotografía: Alberto Díaz “Bertitxi”. Intérpretes: Xabier Deive, Nuria Sanz. Duración: 19 min.
Hai meses que Lola xa non está coa súa parella e non é quen de superalo. Establécese entre eles un estraño xogo. Ela ségueo ata os lugares onde el se deita con outras mulleres para escoitalas xemer. Mais un día el pídelle que o deixe de facer, acaba de atopar unha moza coa que vai en serio e o xogo debe rematar. Mais Lola non está disposta a aceptar esta realidade…
AS DAMAS NEGRAS
(España, 2010)
Dirección e guión: Sonia Méndez. Produción: Oroboro Films. Fotografía: Alberto Díaz “Bertitxi”. Intérpretes: Olalla Tesouro, Sandra Lesta, Pepa Yáñez. Duración: 20 min.
Un vagabundo aparece morto nas inmediacións dun teatro onde catro novas actrices están a ensaiar unha obra sobre un asasinato. Dous inspectores de policía moi peculiares irrompen no ensaio para facerlles algunhas preguntas. Alguén mente? Ou mellor… alguén di a verdade?
LEO Y MARÍA (SE DEJAN)
(España, 2010)
Dirección e guión: Sonia Méndez. Produción: Oroboro Films. Fotografía: Margherita Morello. Intérpretes: Xiana Carracelas, Alberto Rolán, Sandra Lesta. Duración: 19 min.
Unha parella péchase tres días no seu apartamento antes de se deixar. Alí conversarán, farán o amor e tentarán entender, sen reproches nin acontecementos épicos, porque as cousas non foron ben entre eles.
CONVERSA CUNHA MULLER MORTA
(España, 2011)
Dirección, guión e produción: Sonia Méndez. Fotografía: Oscar Chamorro. Intérpretes: Luis Zahera, Camila Bossa. Duración: 15 min.
Luís acaba de saír do cárcere onde cumpría condena polo asasinato quince anos atrás de Elena, a súa muller. Cando Luís chega á casa que compartían, Elena aparéceselle “de entre as mortas” para manter unha conversa con el. E é que ás mulleres curiosas como Elena a xustiza dos homes non lles parece abonda…