
Off Galicia: Lois Patiño
2011
92’. Vídeo. Presentación coa asistencia do autor. Entrada de balde.
NA VIBRACIÓN DA TERRA
(España, 2011)
Dirección, produción e fotografía: Lois Patiño. Duración: 8 min.
Percorrido poético por unha paisaxe primitiva, onde os procesos de formación da Terra se fan presentes. A Terra latexa e vibra. O ser humano, insignificante, vese reducido a espectador destas forzas naturais.
NA VIBRACIÓN DA AUGA
(España, 2011)
Dirección, produción e fotografía: Lois Patiño. Duración: 5 min.
Unha ollada calada á enerxía da natureza, manifesta na caída a cachón dunha fervenza. As persoas observan cativadas o espectáculo natural que se desprega ao seu redor, envolvéndoas.
ESLIVA
(España, 2011)
Dirección, guión e fotografía: Lois Patiño. Produción: Iván Patiño para Amanita Films. Intérpretes: Charly Alba. Duración: 23 min.
Obra contemplativa que acompaña un místico ermitán polo interior dun bosque de forza animista. A calma ráchase ao recibir Esliva un aviso da natureza sobre un desastre inminente. Son de Miguel Calvo e música de Ann Deveria.
A sesión inclúe un adianto do traballlo en proceso de Lois Patiño, Costa da Morte (2012).