
Al otro lado del viento
The Other Side of the Wind
John Huston, Oja Kodar, Peter Bogdanovich, Susan Strasberg, Bob Random
- 122 minutos
O famoso cineasta J. J. “Jake” Hannaford volta a Hollywood logo de anos de autoexilio en Europa coa pretensión de completar a súa innovadora película de retorno. Para isto organiza un pase das partes xa filmadas e unha festa coa que pretende atraer futuros inversores. Rodada en diversas fases entre 1970 e 1976, abandonada a montaxe por problemas financeiros e disputas sobre os dereitos, Al otro lado del viento é a reconstrución (comandada polo montador Bob Murawski) da última e inconclusa película de Orson Welles, unha sátira do sistema de estudos do Hollywood clásico e, máis de corenta anos despois de ser abandonada, unha cápsula do tempo dunha época que hoxe nos pode parecer moi afastada, mais tamén unha obra “nova” que segue sorprendendo pola súa mestría e modernidade.
- Ano:2018
- Países de produción: Estados Unidos, Francia, Irán
- Guión: Orson Welles, Oja Kodar
- Fotografía: Gary Graver
- Montaxe: Bob Murawski, Orson Welles
- Produtora(s): Royal Road Entertaiment, Les Films de l'Astrophore, SACI, Americas Film Conservancy; Netflix