![FUNERAL AFÓNICO FUNERAL AFÓNICO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1501.jpg?itok=oKLqLpun)
FUNERAL AFÓNICO
Rubén Domínguez, 2008
21´. Vídeo. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.
FUNERAL AFÓNICO
(España, 2008)
Dirección, guión e fotografía: Rubén Domínguez. Intérpretes: Laura Domínguez, Eva Rodríguez, Doa Ocampo. Duración: 21 minutos
Nova sae de traballar. Camiña cara á casa. Atopa un espello, e logo o de sempre: as mesmas situacións que se repiten unha e outra vez pero desta volta cun ollar distinto. Océanos de mentiras que se superpoñen para desembocar finalmente nunha tolería colectiva e ao tempo individual onde afloran todos os seus verdadeiros sentimentos afectivos.