French Can-can
Jean Renoir, 1954
97'. DCP. Subt. Castelán
French Can-can
(Francia, Italia, 1954)
Dirección e guión: Jean Renoir. Fotografía: Michel Kelber. Intérpretes: Jean Gabin, François Arnoul, María Félix, Jean-Roger Caussimon, Michel Piccoli. Dur.: 97'.
Danglard é o xerente do cabaré Paravent Chinois, onde actúa a súa amante, La Belle Abbesse. Un día coñece a Nini, unha lavandeira, á que, tras convencer á nai, preparará para danzar o French Can-can. “Unha arte de vivir, unha arte poética, confundida intimamente, isto é o que se encontraba n' El río e La Carrosse d’or e tamén en French Can-can: os mesmos, por outra parte, baixo máscaras diferentes, que non é máis que o teatro en esencia, a suprema comedia que Renoir interpreta para si mesmo.” (Jacques Rivette)