
Francesco Giullare Di Dio / Francisco, juglar de Dios
Roberto Rossellini, 1950
85'. 35mm. Subt. Galego. Presentación: Oliver Laxe. Copia da Cineteca Nazionale
Francesco Giullare Di Dio / Francisco, juglar de Dios
(Italia, 1950)
Dirección: Roberto Rossellini. Guión: Roberto Rossellini, Federico Fellini, Brunello Rondi. Fotografía: Otello Martelli. Intérpretes: Nazario Gerardi, Aldo Fabrizi, Aribella Lomaitre, Roberto Sorrentino, Severino Pisacane. Dur: 83’.
Baseado en I fioretti, un conxunto de historias sobre San Francisco de Asís e os monxes franciscanos, o Francisco, juglar de Dios de Rossellini ten lugar a comezos do século XIII, cando os conflitos violentos entre cidades desgarraban Italia. A peste e a fame estendéronse e as poderosas abadías inzáronse de corrupción e abusos de poder. No medio desta axitación, Giovanni Francesco Berdadine (Francisco de Asís) comezou a acubillar unha comunidade que animou a xente a recuperar a humildade e a pureza das ensinanzas de Cristo.
Presentada, do mesmo xeito que no o libro en que se basea, como unha sucesión de episodios na vida do “santo do pobo”, Francisco, juglar de Dios ofrece unha cativadora visión da existencia que rexeita o materialismo e a violencia.
(The Masters of Cinema Series)