THE FOG OF WAR: ELEVEN LESSONS FROM THE LIFE OF ROBERT
Errol Morris, 2003.
95’. Subtítulos en castelán.
THE FOG OF WAR: ELEVEN LESSONS FROM THE LIFE OF ROBERT
(Estados Unidos, 2003)
Dirección e guión: Errol Morris. Fotografía: Robert Chappell, Peter Donahue. Produción: Errol Morris, Julie Bilson Ahlbers, Michael Williams. Dur.: 95 min.
Óscar ao mellor filme documental en 2004. Once leccións a modo de confesións desde o Purgatorio por parte do Secretario de Defensa das administracións Kennedy e Johnson, Robert S. McNamara. Polos seus 85 anos de vida e significación sociopolítica desfila a Historia do século XX coas guerras como núcleo. Un compendio de arte política por medio de leccións expostas en paralelo cos retos artísticos asumidos por Morris. Unha delas para a lembranza: “Crer e ver, moitas veces ambas as cousas están equivocadas”.