A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO
Juan Pablo Etcheverry, 2006
10´. Sesións de traballos premiados no Festival de Cans. Presentación por Alfonso Pato e varios dos seus autores. Entrada gratuíta.
A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO
(España, 2006)
Dirección, guión e fotografía: Juan Pablo Etcheverry. Produción: Continental Produccións. Duración: 10 minutos.
Recentemente nomeada ao Goya á mellor curta de animación, versión dun relato de Saramago. Un escritor que non se sente capaz de escribir unha historia para nenos comeza a relatar como sería o que quere contar. As palabras deixan paso a un rapaz duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente preto da súa casa. Mestura de animación tradicional foto a foto, con técnicas dixitais de posprodución e composición. Premio do Público en Cans.