
FLAT IS BEAUTIFUL
Sadie Benning, 1998
50´. Vídeo. Subtítulos en galego.
FLAT IS BEAUTIFUL
(Estados Unidos, 1998)
Dirección e guión: Sadie Benning. Duración: 50 minutos
Actores con máscaras de papel interpretan a historia dunha rapaza de once anos. A pequena Taylor, atraída por outras rapazas, vive coa súa nai e o amigo gay desta nunha vila dos Estados Unidos durante os anos 80. Relato ficcional coa emoción dunha historia autobiográfica, Sadie Benning, filla de James, leva desde os 16 anos filmando numerosos traballos.