FLANDRES
Bruno Dumont, 2006
91´. Subtítulos en galego.
FLANDRES
(Francia, 2006)
Dirección e guión: Bruno Dumont. Produción: 3B Productions, CRRAV, Arte France Cinéma, Le Fresnoy Studio National des Arts Contemporains, co apoio do CNC (Francia). Fotografía: Yves Cape. Intérpretes: Adélaïde Leroux, Samuel Boidin, Henri Cretel, Jean-Marie Bruveart. Duración: 91 minutos.
Demester traballa nunha granxa da súa propiedade, pero un día chámano a algunha das guerras contemporáneas (Iraq, Afganistán), da que volve como único supervivente. Polo camiño, milagrosamente, aprende a amar e dicir: “Quérote”. Gran Premio do Xurado en Cannes 2006.