FIXED BAYONETS!
Samuel Fuller, 1951
92´. Subtítulos en castelán.
FIXED BAYONETS!
(Estados Unidos, 1951)
Dirección e guión: Samuel Fuller, sobre a novela de John Brophy. Produción: Twentieth Century-Fox. Fotografía: Lucien Ballard. Intérpretes: Richard Basehart, Gene Evans. Duración: 92 minutos.
Durante a guerra de Corea, o cabo Denno debe facerse cargo do seu rexemento debido ás sucesivas mortes dos oficiais superiores. Autor de seis filmes bélicos, el mesmo soldado durante a II Guerra Mundial, Fuller establece liñas de coherencia entre os seus títulos e deixa ver algúns dos mellores sinais do seu estilo espontáneo, incisivo, imaxinativo, ocorrente e abrupto. Fixed bayonets é a máis curiosa de todas elas, rodada en poucos días, con escasos actores e integramente en estudio, limitacións que o director aproveita para filmar unha historia de patrulla perdida claustrofóbica e de enorme elegancia visual.