Who’s Going to Pay for These Donuts, Anyway?
- 58 min.
A través dunha brillante colaxe de entrevistas, fotografías familiares, imaxes de arquivo e narracións persoais, a videoartista xaponesa-americana Janice Tanaka documenta a procura do seu pai tras corenta anos de separación. Os dous reuníronse cando Tanaka atopou o seu pai vivindo nun centro de reinserción para enfermos mentais. Ao contar a conmovedora historia da súa procura e o que descubriu sobre a historia, a identidade cultural, a memoria e a familia, WHO’S GOING TO PAY FOR THESE DONUTS, ANYWAY? é unha mirada pouco común ás conexións entre racismo e enfermidade mental. (Criterion)
-
Tres miradas sobre o imaxinario fílmico
No Words Will Ever Do
Who’s Going to Pay for These Donuts, Anyway?
Versión lingüística:VOFormato:VídeoUsos privados 2
- Ano:1992
- Países de produción: Estados Unidos