
VIII Festival CinEOI
- 35 minutos
As curtas que se proxectan son as presentadas ao concurso de curtametraxes CinEOI 2018 da categoría absoluta:
24/7 de Andrés Lemos - EASD Pablo Picasso A Coruña
Ciclos de Zeltia Martínez - EASD Pablo Picasso A Coruña
Dúas veces ti. Traballo final do alumnado asistente ao obradoiro de inicición á curtametraxe 2018, dirixida por Omar Rabuñal e realizada na EOI da Coruña co finaciamento do Concello da Coruña.
Mentiras Sociais de Ana López Ramos - EASD Pablo Picasso A Coruña
Galesauros de David Saborido - IES Imaxe e Son
O mellor erro de Sebastián Quirós e Irene Yunke - EOI da Coruña
San Sadurniño 360 de Graciela Galdo - EOI de Ferrol
O son da felicidade de Graciela Galdo - EOI de Ferrol
O festival de curtas CinEOI é un concurso impulsado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola de idiomas da Coruña, co cal se quere fomentar o uso do galego e a creación audiovisual entre o alumnado das escolas participantes. Ao longo de oito edicións participaron alumnado das escolas de idiomas de Ferrol, A Coruña e Santiago, as EASD Pablo Picasso da Coruña e Mestre Mateo de Santiago, a IES de Imaxe e Son e, en pasadas edicións, os Conservatorios de Música da Coruña e Ferrol.
Existen tamén categorías xuvenís e infantís nas que teñen participado o alumnado de IES e CEIPs de Coruña e Arteixo (por mor dos dereitos de imaxe dos menores de idade non se poden proxectar nesta sesión no CGAI).
- Ano:2018
- Países de produción: España