Segundo López, aventurero urbano
Ana Mariscal, Luisa Esteso, Severiano Población, Tony Leblanc, Adela Carbone
- 86 min.
Segundo é un campesiño, analfabeto e bonachón, que atopa en Chirri, un pequeno landronzuelo, un guía que lle sirve de lazarillo na gran cidade.
-
Huellas de luz. Cen anos de cine español
Segundo López, aventurero urbano
Versión lingüística:VOFormato:35mm.
- Ano:1953
- Países de produción: España
- Guión: Ana Mariscal, Leocadio Mejías (Novela: Leocadio Mejías)
- Fotografía: Valentín Javier
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
Manuel Palacio
(...) Os motivos da súa inscrición na historia do cine español establecéronse nos tempos da súa estrea e permaneceron en boa parte inalterables nos últimos coarenta anos. A saber: as súas leves aproximacións coa estética do neorrealismo (...), un certo intento de retratar a cidade de Madrid e a súa tipoloxia costumbrista (...), e un valor extrafilmico que, isto si, foi medrando co paso do tempo: Ana Mariscal é unha dos poucos mulleres en España que foi capaz de articular unha carreira cinematográfica como directora (ten dez longametraxes no seu haber) e que á súa vez tivo o valor ou a cobiza de crear a súa propia productora.
(...) Para o espectador de hoxe en día o pseudoneorrealismo da cinta case se converteu en antropoloxia: a especial querencia de Ana Mariscal por recoller retazos de pequenas historias vulgares, cadros punillistas que, alén dunha certa sensibleria, subliñan cunha realización simple e ben resolta o ordenamento de valores dun Madrid preindustrial.