Sankofa
Kofi Ghanaba, Oyafunmike Ogunlano, Alexandra Duah, Nick Medley, Mutabaruka
- 124 min.
Unha modelo afro-americana, Mona, totalmente desconectada do seu pasado e da súa herdanza cultural, participa nunha sesión fotográfica nunha antiga prisión de escravos da costa de Ghana. Ó entrar no cárcere dá un salto atrás no tempo e convértese en Shola, unha escrava que comeza a tomar conciencia da súa situación.
- Ano:1993
- Países de produción: Alemaña, Burkina Faso, Estados Unidos, Ghana
- Guión: Haile Gerima
- Fotografía: Augustin Cubano