Ray & Liz
Ray & Liz
Ella Smith, Justin Ella Smith, Justin Salinger, Patrick Romer, Deirdre Kelly, Tony Way, Sam Gittins, Joshua Millard-Lloyd, Patrick Romer, Deirdre Kelly, Tony Way, Sam Gittins, Joshua Millard-Lloyd
- 108 minutos
Tan tenra coma brutal, a ópera prima de Richard Billingham marca unha liña de continuidade entre a ficción cinematográfica e a súa recoñecida tarefa como fotógrafo. Coetáneo dos Young British Artists, a obra visual de Billingham distánciase da ironía posmoderna dun Damien Hirst ou dunha Sarah Lucas por como se mergulla nos escenarios da súa propia memoria, a dunha familia disfuncional e de clase obreira do chamado Black Country. Ray & Liz retoma o seu traballo fotográfico arredor da figura dos pais: Ray, alcólico que se alimenta de alcol caseiro, e Liz, fumadora compulsiva. Entronca así desde una óptica máis íntima coa longa tradición británica do realismo social. Rodada en 16 mm por Richard Landin (director de fotografía de Under the Skin, entre outras), Ray & Liz equilibra a crueza do cine de Mike Leigh coa evocación poética e o poder estético da produción de Terence Davies. (Catálogo D’A)
- Ano:2018
- Países de produción: Reino Unido
- Guión: Richard Billingham
- Fotografía: Daniel Landin
- Montaxe: Tracy Granger
- Produtora(s): Jacqui Davies, Severn Screen