Programa 2 | Colectivo NEOZOON : «navegar, observar, reeditar»
- 70 min.
Buck Fever
NEOZOON, Alemaña, 2012
6 min, DCP, inglés, VOSE
Unboxing Eden
NEOZOON, Alemaña, 2013
5 min, DCP, inglés, VOSE
My BBY 8L3W
NEOZOON, Alemaña, 2014
3 min, DCP, inglés, VOSE
Little Lower Than the Angels
NEOZOON, Alemaña, 2019
13 min, DCP, inglés, VOSE
Call of the Wild
NEOZOON, Alemaña, 2017
4 min, DCP, inglés, VOSE
Biting the Dust
NEOZOON, Alemaña, 2021
13 min, DCP, inglés, VOSE
FragMANts
NEOZOON, Alemaña, 2019
6 min, DCP, inglés, VOSE
Lake of Fire
NEOZOON, Alemaña, 2022
11 min, DCP, inglés, VOSE
JUGGERNAUT
NEOZOON, Alemaña, 2026
9 min, DCP, inglés, VOSE
O colectivo de realizadoras Neozoon leva a cabo, desde hai quince anos, unha lectura única das redes sociais e da cidadanía que as poboa e nutre. A partir de asombrosas remontaxes rítmicas e collaxísticas, afondan nos comportamentos sociais colectivos desmiuzando as súas autorepresentacións e obsesións, deambulando entre a diversión e a incomodidade, lidando con conceptos como a fe, a virilidade, o sadismo ou as complexas relacións dos seres humanos co resto de seres animais. A súa mirada sagaz e as súas técnicas de montaxe diseccionan o alude de expresións na rede para formar un ilimitado mosaico de micropantallas, espello catártico da nosa sociedade.
- Ano:2012-2026
- Países de produción: Alemaña