
Privilege
Alice Spivak, Daniel Martin Berkey, Blaire Baron, Novella Nelson, Yvonne Rainer.
- 103 min.
Privilege é un dos filmes máis narrativos da súa autora. O documental -que ten como tema central o climaterio-, combina a ficción con documentos científicos dos anos 50, dramatizacións e entrevistas, á vez que trata tamén, de forma lateral, aspectos especialmente importantes para as mulleres, coma o racismo, a violación ou a marxinación social.
Yvonne Rainer naceu en 1934 en San Francisco, estudou danza en Nova York, onde viviu ata 1957 e onde desenvolveu gran parte do seu traballo como bailarina e coreógrafa ata o 1960. En 1962 fundou o Judsom Dance Theatre. A partir do ano 1968 incorpora proxeccións de imaxes fixas e curtametraxes nos seus espectáculos e consolida a súa carreira como cineasta en que predomina un interese constante pola experimentación. Trátase, pois, dunha cineasta excepcional pola súa achega no terreo da investigación.
-
Mostra Internacional de Films de Dones de Barcelona. 30 anos de traxectoria e feminismos fílmicos (Itinerancias)
Privilege
Versión lingüística:VOSEFormato:HDPresenta: Alba Villarmea. Entrada de balde.
- Ano:1990
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Yvonne Rainer
- Fotografía: Mark Daniels
- Montaxe: Christine Le Goff, Yvonne Rainer
- Produtora(s): Yvonne Rainer