
Phantom Boy
Phantom Boy
- 84 minutos
A partir dos 8 anos.
Un misterioso gánster fere a Alex, un inspector de policía que o está a perseguir. Inmobilizado no hospital, Alex fai amizade con Léo, un rapaz de once anos afectado por unha grave enfermidade. Deitado na cama, Léo descobre que ten un poder extraordinario: pode saír do seu corpo e, como unha pantasma, invisible para todos, pode erguer o voo e atravesar os muros.
Grazas a este poder e coa axuda de Marie, unha intrépida xornalista, Alex poderá enfrontarse ao gánster, que está ameazando a cidade cun virus informático fulminante.