Out (Tse)
- 34 minutos
A escena central de Out preséntase como unha escena de dominación/submisión a golpes interpretada por dúas mulleres cuxas preferencias na vida real implican BDSM. Mais nesta sesión, os dolorosos golpes da dominante causan que a submisa pronuncie diversas frases, sendo todas elas citas do ministro de asuntos exteriores de Israel, Avigdor Lieberman, un político de extrema dereita. Así, unha escena de pracer erótico e dor torna nun exorcismo político, e o propio filme un híbrido entre documental, unha escena ficcional que recorda a un xénero de filmes de terror, e a temática da posesión.
O ritual no centro da obra está encadrado por dúas escenas adicionais, cada unha co seu propio estilo cinematográfico distinto. En primeiro lugar, unha entrevista previa cas dúas participantes parece, no inicio, un documental simple sobre as súas propias experiencias na escena BDSM israelí, mais pronto se transforma nunha exposición da premisa pola cal unha é a posuída e a outra a exorcista. A escena musical final é unha canción coas palabras da "Carta á miña Nai" do poeta ruso Esenin. Executada como un one-shot, complica a resonancia emocional do que a precedeu, mais é tamén unha homenaxe á escena final doutro filme que lida con hibridismo, sexualidade radical e política: WR, O Misterio do Organismo, de Dusan Makavejev. Out estreouse no Festival de Cinema de Venecia, onde gañou o premio Orizzonti á mellor media-metraxe. Foi tamén seleccionado para os Premios da Academia Europea á mellor curtametraxe.
-
Intersección 2023
The Dust Channel
Out (Tse)
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPProxección seguida de Máster Class de Roee Rosen. Entrada de balde.
- Ano:2010
- Países de produción: Israel
- Guión: Roee Rosen