
Ödenwaldstetten
- 36 min.
Ödenwaldstetten é un retrato do cambio, unha película que Nestler filmou coma unha encarga independente na vila de Ödenwaldstetten, en Suabia. Mostra a vida e o traballo dos seus habitantes e como o proceso de industrialización afectou esta comunidade agrícola. Somos testemuñas de como se desbotan a artesanía e as ferramentas agrícolas tradicionais e son substituídas por equipamentos de alta tecnoloxía e liñas de produción en cadea. A película tamén trata da historia de Alemaña e do seu implacable desenvolvemento económico tras a guerra.
-
Achéganse outros tempos. Os filmes de Peter Nestler
Am Siel
Ödenwaldstetten
Die Judengasse
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:1964
- Países de produción: Alemaña